Unha persoa ferida leve nunha colisión entre dous vehículos en Lalín
Ecos da Comarca/Lalín

Este domingo produciuse un accidente no casco urbano de Lalín. O Centro Integrado de Emerxencias 112 Galicia foi alertado ás 15:30 horas.
Tratouse dunha colisión entre dous vehículos nunhas das rotondas próximas ao Lalín Arena. Tal e como informa o 112 Galicia o incidente saldouse cunha persoa ferida leve que se queixaba de dor cervical.
Ata o lugar desprazáronse Emerxencias Lalín e a Policía Local do municipio.








Comentarios