Ecos da Comarca/Melide

Onte, domingo, produciuse un accidente de tráfico no municipio de Melide. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida. Sucedeu sobre as 20:30 horas.
Publicidade
O sinistro ocorreu na N-547, á altura do quilómetro 52, no Barreiro. "A persoa que nos alertou indicounos que se trataba dunha saída de vía e o vehículo estaba bastante golpeado. Dicíanos que o condutor estaba aínda no interior vehículo, pero que estaba liberado e accesible", informa o 112 Galicia. "Tras axudalo a saír foi trasladado por unha ambulancia", engade o 112.
Foron avisados Urxencias Sanitairas, a Policía Local, Protección Civil de Melide e a Garda Civil de Tráfico.
Comments