top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Unha persoa ferida de gravidade tras ser atropelada en Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

Foron varios os particulares os que contactaban co 112 Galicia ás 13:35 horas deste mércores para informar do atropelo na N-547, entre o quilómetro 63 e 64, ao seu paso pola rúa de Santiago, no casco urbano de Arzúa.

Autor: Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Durante os diferentes avisos recibidos, os particulares alertaban de que o ferido atopábase grave e precisaba asistencia sanitaria urxente, polo que desde o 112 Galicia pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales mobilizaron ata o punto o helicóptero medicalizado para o seu posterior traslado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Cabe destacar, que desde o 112 Galicia tamén se solicitou a colaboración dos Bombeiros de Arzúa, dos axentes da Garda Civil e da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil.


Debido ao accidente a estrada tivo que ser cortada, sendo labor dos bombeiros a limpeza da vía.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page