top of page

Unha persoa ferida de consideración tras ser atropelada en Sobrado dos Monxes

Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

Un home resultou ferido de consideración esta tarde en Sobrado despois de ser alcanzado por un vehículo á altura do punto quilométrico 15 da AC-231, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto arquivo.

Foi un particular quen, ás 13:00 horas, contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para informar do suceso. Solicitaba axuda médica urxente para un home atropelado, na estrada que une os concellos de Sobrado a Teixeiro.


Así, desde o 112 Galicia informouse decontado aos servizos sanitarios de urxencia que, debido á gravidade das lesións provocadas polo accidente, comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago ao lugar.

Co fin de prestar apoio ao equipo médico e restablecer as condicións de seguridade na vía, os xestores de emerxencias requiriron a intervención dos membros do GES de Curtis, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page