Ecos da Comarca/Melide
O 112 Galicia rexistrou ao fío das 13:20 horas a alerta por un accidente en Melide, que tivo lugar no punto quilométrico 50 da N-547. No mesmo víronse implicados un coche e un autobús.
No momento do choque, ningún pasaxeiro se atopaba no autobús e a persoa que conducía este vehículo resultou ilesa, sinala o 112. Por outra banda, a que circulaba no turismo quedou atrapada no interior do coche e tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Arzúa. Tras ser liberada, os servizos sanitarios, que mobilizaron un helicóptero medicalizado, atenderon á persoa ferida.
Foi un particular quen contactou co 112 Galicia para alertar da colisión entre o coche e o autobús. Segundo indicou, a persoa que circulaba no turismo estaba inconsciente e posiblemente atrapada. Engadía que o coche de liña ía baleiro.
De xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil de Tráfico, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Melide e da Policía Local
Comentários