top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Unha persoa faleceu tras saírse da vía co seu coche en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Este venres produciuse un accidente mortal na comarca de Deza, en concreto no municipio de Lalín. No mesmo viuse implicado un único vehículo e tal e como informa o 112 Galicia, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvalle a vida ao condutor. Non ía só no vehículo e todo apunta a que sufríu unha indisposición mentres conducía. Tiña uns 60 anos.

O accidente de hoxe. Autor: Emerxencias Lalín

O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través do aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, minutos despois do mediodía. Durante a chamada, indicaban que un coche acababa de saírse da vía no lugar de Pareizo, na parroquia lalinense de Goiás, e que estaban a mobilizar ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Unha vez chegaron ao lugar dos feitos, os servizos de emerxencias nada puideron facer por salvar a vida da persoa implicada, cuxo falecemento foi confirmado polo persoal sanitario.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

No operativo participaron, ademais dos servizos sanitarios, os Bombeiros de Silleda, Emerxencias Lalín, Garda Civil de Tráfico, o Servizo Municipal de Protección Civil e a Policía Local de Lalín.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page