top of page

Unha persoa faleceu tras accidente nunha atracción de feira en Matamá, Vigo

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa faleceu logo dun accidente nunha atracción de feira (no coñecido Saltamontes) en Matamá (Vigo). O suceso ocorreu na rúa de Manuel Cominges.

Tal e como informa o 112 Galicia estaban a piques de ser as 2:00 horas desta madrugada cando varias persoas comezaron a chamar ao 112 Galicia por un accidente nunha atracción de feira en Matamá. Segundo indicaron os alertadores, caera un vagón da atracción, deixando unha persoa ferida e posiblemente atrapada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Sen agardar, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo, á Policía Nacional e á Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Logo de chegar ata o punto, os servizo de emerxencia indicaron que a persoa estaba falecida. Os Bombeiros de Vigo tiveron que facer uso do material de excarceración para poder liberar o corpo da vítima.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page