O outro ocupante puido saír polo seus propios medios
Laura Moure/Sobrado
Unha persoa perdeu a vida esta tarde ao sufrir unha saída de vía cando circulaba co seu vehículo pola EP-8005, á altura do punto quilométrico 5, ao seu paso polo municipio de Sobrado.
Según a información facilitada ao 112 Galicia polos Bombeiros de Arzúa, dúas persoas viaxaban no turismo cando o sinistro tivo lugar, pero soamente unha, a vítima, necesitou ser excarcelada. O outro ocupante puido saír polos seus propios medios.
Foron os profesionais sanitarios os que chamaron ao 112 Galicia ás 17:45 horas para informar da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago para atender a unha persoa atrapada tras saírse da vía o seu turismo no lugar de Brixaria, na parroquia de Grixalba.
De feito, a aeronave tomou terra no lugar dos feitos, pero, a pesar dos esforzos do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, nada se puido facer por salvarlle a vida. Así, para prestar apoio aos equipos de intervención e restablecer as condicións de seguridade na vía, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia púxose a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Cabe mencionar que toda esta información foi proporcionada polo 112 Galicia.
コメント