top of page

Unha persoa falece nun accidente de tráfico en Oza-Cesuras

Ecos da Comarca/Xeral

Os bombeiros do parque provincial de Betanzos foron solicitados na tarde deste

luns por un accidente de tráfico na intersección entre a AC-230 e a DP-3203, no

concello de Oza Cesuras e que se saldou cunha persoa falecida, tal e como informa o gabinete de prensa do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

O accidente de hoxe en Oza-Cesuras. Autor: Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.
O accidente de hoxe en Oza-Cesuras. Autor: Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña.

O 112 deu o aviso ás 15:06 horas, informando dun accidente de tráfico con atrapados e unha posible vítima mortal. Xa no lugar dos feitos, confírmase a morte do condutor dun dos vehículos implicados. Outra das persoas que se atopaba no segundo vehículo involucrado foi trasladada ao centro hospitalario de referencia no helicóptero medicalizado H4 e en estado reservado.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Participaron o GES de Curtis e patrullas da Garda Civil de Tráfico e Atestados, sanitarios do 061 e persoal de mantemento das estradas.




Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page