top of page

Unha persoa falece en Arzúa despois de ser atropelada por un camión

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Arzúa

Unha persoa perdeu a vida este luns en Arzúa despois de ser atropelada por un camión, tal e como informa o 112 Galicia. Sucedeu na N-547 no quilómetro 63,70 á altura do casco urbano desta localidade.

O lugar do accidente. Autor: C.D.

Ao fío das 12:15 horas, unha persoa particular daba conta dos feitos ao 112 Galicia. Indicaba que unha persoa fora atropelada por un camión e que estaba debaixo do vehículo.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

De inmediato, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arzúa, así como dos axentes de Tráfico, da Policía Local e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, debido á gravidade do suceso, os profesionais sanitarios comunicaron ao 112 Galicia, que o helicóptero medicalizado con base en Ourense tamén se desprazaba ata o lugar.


Con todo, unha vez liberado o home e pese aos intentos de reanimación, os profesionais sanitarios tan só puideron confirmar o seu pasamento.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desvío do tráfico

A consecuencia do tráxico accidente, a estrada nese punto foi cortada e foi necesario desviar o tráfico tanto na entrada como na saída da localidade o que provocou importantes retencións.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page