Ecos da Comarca/Xeral

O accidente produciuse ao colidir tres turismos na N-634, entre o quilómetro 667 e 668, ao seu paso por Curtis, A Coruña.
A información chegou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia ao fío das 15 horas da tarde mediante o aviso dun particular. Nesta chamada indicaba que nese punto producírase un accidente con tres vehículos implicados, dos cales un estaba envorcado e pensaba que podería haber persoas atrapadas no seu interior. A maiores destacaba a existencia de persoas feridas, aínda que non sabía con exactitude o número nin a gravidade.
Publicidade
De xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 os cales mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela ata o lugar.
A maiores, tamén se informou do accidente aos Bombeiros de Betanzos e aos membros do GES de Curtis, os cales se encargaron de excarcerar a dous feridos que se atopaban atrapados e axudaron a sacar do vehículo o corpo do home que, desafortunadamente, finara a causa da colisión.
Publicidade
Con todo, catro persoas tiveron que ser trasladadas polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia, tres delas en ambulancia e outra a bordo da aeronave medicalizada.
Publicidade
Cabe destacar, que neste operativo tamén se contou coa participación dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil de Curtis. Arestora, o persoal de mantemento da vía traballa no punto para restablecer as condicións óptimas de circulación.
Comments