top of page

Unha persoa excarcerada tras un accidente N-547 ao seu paso por Boente, en Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

Este mércores rexistrouse un accidente de tráfico no concello de Arzúa. No mesmo víronse implicados dous vehículos e saldouse cunha persoa ferida.

Un dos coches afectados. Autor: Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña
Un dos coches afectados. Autor: Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña

Tal e como informa o Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña, os bombeiros do parque provincial de Arzúa foron requiridos polo 112 ás 16:32 horas de hoxe para unha excarceración tras un accidente de tráfico con dous vehículos implicados no punto quilométrico 55 da N-547, ao seu paso por Boente, no concello de Arzúa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A persoa excarcerada foi trasladada en ambulancia ao CHUS. No operativo participan Policía Local de Arzúa, Garda Civil de Tráfico e 061.






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page