Dúas persoas afectadas tras unha explosión dunha estufa en Lalín
- ecosdacomarca

- 4 ene
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Este domingo explotou unha estufa de butano en Lalín. Un aviso ao 112 Galicia ás 19:30 horas desta tarde puxo o foco sobre a explosión dunha estufa de butano nunha vivenda desta localidade, tal e como informa o 112 Galicia.

O suceso ocorreu na Rúa dos Xazmíns. Segundo o relato do alertador, hai unha persoa afectada, polo que foron avisados os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Publicidade
Tamén foron informados os Bombeiros do Deza, os efectivos do GES de Lalín e a Policía Local.
Publicidade
ACTUALIZACIÓN: Tras a súa intervención, os Bombeiros do Deza aclaran que houbo un incendio previo á deflagración: a manta coa que se cubría un dos ocupantes da vivenda prendeu lume no frontal da estufa. Coa calor, derreteuse a mangueira que conecta a bombona de butano coa estufa, o que provocou unha pequena deflagración. O señor e a súa filla foron evacuados por Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por síntomas de intoxicación por inhalación de gas.
En canto aos danos materiais, os bombeiros explicaron que a cociña e a sala foron as estancias máis afectadas.








Comentarios