top of page

Unha obra cómica sobre a lingua galega, próxima cita do Outono a escena de Arzúa

Será hoxe, venres, 10 de outubro


Ecos da Comarca/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para hoxe, venres, a primeira actuación encadrada no programa Os venres na capela incluída na programación cultural Outono a escena pensada para dinamizar as fins de semana dos meses de outubro e novembro con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos.

O certame ofrece hoxe, venres, 10 de outubro, unha proposta para público adulto co espectáculo A parábola do angazo da compañía Talía Teatro.


Esta función cómica con Artur Trillo e Toño Casais parte dunha coñecida lenda que xa recollía o Padre Sarmiento no século XVII. Os dous intérpretes, a través dun diágolo fluído e cargado de humor farán unha viaxe polas anécdotas máis significativas da historia da nosa lingua, enlazando episodios do noso pasado para explicar o que sucede no noso presente e demostrando que a lingua resistiu e resiste toda situación adversa. Seguindo a liña iniciada por Bicos con lingua e Pelos na lingua presentan unha montaxe áxil e versátil, onde o humor é parte fundamental da engrenaxe do espectáculo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A función terá lugar ás 21:00 horas na Capela da Madanela e a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page