top of page

Unha muller sofre lesións graves nunha perna tras un accidente cunha fresa en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Unha muller sufriu lesións graves nunha perna tras un accidente cunha fresa en Lalín. A implicada traballaba con esta maquinaria nunha finca da súa propiedade, tal e como informa o 112 Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Contra as 13:45 horas, un particular alertou de que a unha muller quedáralle atrapada unha perna na fresa que manexaba en Pareizo, pertencente á parroquia lalinense de Goiás.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia pediron a intervención dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Silleda, do GES e da Policía Local de Lalín e dos axentes da Garda Civil.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicou que mobilizaba o helicóptero medicalizado con base en Ourense, e os seus profesionais confirmaron desde o punto que a muller sufriu importantes lesións na perna.


Finalmente, a ferida foi evacuada na aeronave medicalizada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.


 
 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page