Ecos da Comarca/Xeral
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta madrugada a unha veciña da parroquia de Bouza, localizada no concello lucense de Taboada, con síntomas de intoxicación por inhalación de fume dun incendio declarado na súa vivenda, tal e como informa o 112 Galicia.
Publicidade
A afectada foi trasladada ao centro hospitalario de referencia para ser sometida a unha revisión médica, mentres os equipos de extinción sufocaron o incendio, que danou a campá extractora e algo do mobiliario.
Publicidade
A intervención dos efectivos de emerxencias produciuse preto das 4:00 horas, cando os ocupantes da vivenda chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda por mor dun incendio declarado na súa cociña, nunha casa do lugar de Sernande.
Publicidade
Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Chantada, aos membros do GES de Monterroso, á Garda Civil e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladaron a unha persoa ao centro de saúde. Tamén avisouse aos efectivos de Protección Civil da localidade.
Comments