top of page

Unha muller resulta ferida grave ao ser alcanzada por un vehículo que acababa de colidir cun tractor

Ecos da Comarca/Xeral

Unha muller resultou ferida de gravidade na noite de onte, domingo, tras verse implicada de maneira fortuíta nun accidente de tráfico rexistrado na estrada nacional N-640, ao seu paso polo lugar da Anllada, no municipio de Cuntis.

Os vehículos implicados no accidente. Autor: Emerxencias Cuntis.
Os vehículos implicados no accidente. Autor: Emerxencias Cuntis.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O 112 Galicia foi alertado ás 20:10 horas. Un turismo colisionou cun tractor que circulaba pola citada vía e acabou invandido a beirrarúa pola que ía andando a muller. Como consecuencia do impacto, a muller sufriu feridas de carácter grave, polo que foi atendida no lugar polos servizos sanitarios e posteriormente trasladada a un centro hospitalario.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Ata o punto do accidente desprazáronse Emerxencias de Cuntis, os efectivos da Garda Civil de Tráfico e persoal de emerxencias, que se encargaron de regular a circulación e de esclarecer as circunstancias do suceso.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page