top of page

Unha muller resgárdase nun balcón para protexerse dun incendio

Ecos da Comarca/Xeral

Os Bombeiros de Vilagarcía rescatan dun balcón a unha muller que se protexía nun balcón dun incendio. Mediante unha escada, os efectivos do parque comarcal, rescataron a muller, que, finalmente, foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Servizos de emerxencia no lugar. Cedida
Servizos de emerxencia no lugar. Cedida

Preto das catro desta madruga, o 112 Galiciar recibiu o aviso por un incendio nunha vivenda situada na Rúa San Roque, en Vilagarcía. O fume saía por unha xanela, o que chamou a atención de algún outro veciño, que tamén informou ao servizo de emerxencias.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Pola súa parte, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa tiñan en marcha unha dotación para atender a veciña, que se gorecía no balcón.


Así, para ofrecerlle a asistencia médica sanitaria, foi necesario que fose rescatada polo equipo de Bombeiros de Vilagarcía, quen, mediante unha escada, a sacaron do balcón. Posteriormente, foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

En canto aos danos provocados polo lume, que comezou nun panel eléctrico, redúcense a este mesmo contador e algún moble próximo. Iso si, a vivenda quedou chea de fume.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page