top of page

Unha muller quédalle atrapado un pé baixo unha cancela en Antas de Ulla

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

Esta mañá unha muller tivo que ser atendida tras quedarlle un pé baixo unha cancela no concello de Antas de Ulla.

O GES de Monterroso foi alertado polo 061 ás 11:40 horas. O suceso ocorreu no lugar de A Chapeleira, na parroquia de Dorra. "O home ía saír co coche e a muller foi para abrir a cancela da finca e o coche é automático, e acelerou, e a señora caeu, quedándolle o pé entalado baixo a cancela", informa o GES de Monterroso.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ata o lugar, ademais do 061 e do GES, achegouse a Garda Civil, e entre todos, levantaron a cancela e conseguiron liberarlle o pé á muller.






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page