Ecos da Comarca/Silleda
O 112 Galicia informa que unha muller foi evacuada en helicóptero tras ser atropelada por un tractor en Silleda.

O 112 Galicia tivo coñecemento da situación da muller ás 17:30 horas desta tarde, coa comunicación dunha persoa particular.
Os feitos sucederon nunha leira ao carón da EP-7201, no punto quilométrico 18, á altura da parroquia de Fiestras.
Nada máis recibir a alerta do accidente, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado, no que a muller foi evacuada a un centro hospitalario. Tamén, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.
留言