IsmaelRS/Monterroso

Temos que contabilizar un segundo accidente, neste caso producido ás 12:00 horas, no que se viron implicados un turismo e unha viandante, a cal foi atropelada. O suceso tivo lugar na Av. de Lugo, na zona urbana de Monterroso.
A voz de alarma dérona os servizos sanitarios, que se puxeron en contacto co 112 Galicia, para comunicarlles o sucedido e que desprazaban unha ambulancia ata o punto no que se produciu o atropelo.
Con estes datos, o 112 Galicia informou dos feitos ao GES de Monterroso, aos Bombeiros de Chantada, á Garda Civil de Tráfico e ao Equipo Municipal de Protección Civil.
Sobre as 12.30 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada do Equipo Sanitario que se desprazou ata o lugar e informaba de que a muller atropelada precisaba ser trasladada ao centro hospitalario de referencia.
Comments