Unha muller ferida nunha aparatosa colisión frontal en Vila de Cruces
- ecosdacomarca

- 7 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Esta mañá rexistrouse un aparatoso accidente en Vila de Cruces no que se viron implicados dous vehículos.

Tal e como informa Protección Civil de Vila de Cruces produciuse na estrada EP-6306 á altura do lugar de Fontelas, no vial cara Toiriz. "Ás 10:20 horas da mañá, avisa o 112 dunha colisión frontal entre dous vehículos, cun ferido".
"Acercámonos e comprobamos que a condutora dun dos vehículos, presentaba unha forte dor na zona da barriga e nunha perna. Estaba sentada no seu vehículo. O condutor do outro vehículo, queixábase dunha dor no peito, pero atopábase fóra do coche", informa Protección Civil.
Ademais, sinala que o "un dos coches por causas que se descoñecen, invadiu o carril contrario, chocando frontalmente, contra o outro. A condutora dun deles foi atendida in situ pola doctora do centro médico de Vila de Cruces e posteriormente, trasladada polo 061 ao hospital clínico de Santiago".
Ademais de Protección Civil e do 061, ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Tráfico de Lalín, que levantou o correspondente atestado.







Comentarios