top of page

Unha muller evacuada en helicóptero logo de ser golpeada por un tractor na Estrada

20 abr 2024
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

Unha muller, evacuada en helicóptero logo de ser golpeada por un tractor na Estrada. Tal e como informa o 112 Galicia o golpe causoulle importantes lesións nas costas, polo que foi trasladada na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse un pouco antes das dez desta mañá, cando a ferida estaba realizando labores de roza e cargando os restos no remolque do tractor.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Para a atención da implicada, desde o 112, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos membros do GES da Estrada e dos axentes da Policía Local e da Garda Civil.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Pola súa parte, os sanitarios enviaron unha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago, que se encargou do seu traslado.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page