Ecos da Comarca/Agolada
Uns minutos antes das 14:30 horas deste venres o helicóptero do 061 desprazouse ao lugar da Cornella, en Berredo (Agolada) debido a unha caída dunha muller.

Tal e como informan as autoridades presentes, a afectada é unha muller, duns 68 anos, que estaba subida a unha escada podando a viña, cando se precipitou. A vítima foi evacuada en helicóptero ao centro hospitalario. "Porque caeu cara atrás e hai que valorar as lesións que poida presentar", sinala a Garda Civil. "Ela queixábase dunha perna e da columna", puntualiza Protección Civil de Agolada.
Ata o lugar ademais do helicóptero do 061, de Protección Civil de Agolada e da Garda Civil desprazouse Emerxencias Lalín.
Comments