top of page

Unha muller, evacuada de urxencia en Lalín con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

Unha muller, evacuada de urxencia con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Lalín tal e como informa o 112 Galicia.

Foto de arquivo
Foto de arquivo

A ambulancia que foi a recollela detectou presenza de gas na vivenda. Sen embargo, á chegada dos equipos de emerxencias as medicións resultaron negativas e as instalacións estaban en bo estado.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Con todo, a señora presentaba mareos e vómitos, polo que foi conducida ao centro de saúde da localidade. Tal e como indicaron a través do 112 Galicia, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia, mediante o sistema integrado na propia ambulancia, percibiron a concentración de monóxido, polo que alertaron aos equipos de emerxencias.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ata alí acudiron os Bombeiros de Deza, así como os membros do GES de Lalín e do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade. Á súa chegada, as medicións xa eran negativas. Todo ocorreu na Rúa do Rodo pouco antes das once desta mañá.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page