top of page

Unha moza ferida despois de caer do tellado dun inmoble abandonado en Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

Unha moza resultou ferida onte, domingo, en Arzúa tras caer do tellado dun inmoble abandonado cando celebraba unha festa cos amigos, tal e como informa o 112 Galicia. A afectada tivo que ser evacuada en helicóptero.

Foto de arquivo. Autor: Ecos da Comarca.

Sinala que foi un sendeirista que facía unha ruta pola zona quen alertou ao 112 Galicia do suceso. Indicaba que durante o percorrido atopou unha casa abandonada e que unha moza caera ao chan, na Cabana, en Viladavil, no concello de Arzúa.


Nada mais recibir o aviso do alertador, sobre as 10:30 horas, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil. Tamén foron avisados os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Con todo, debido á posibilidade da gravidade das lesións ocasionadas, os profesionais sanitarios optaron pola mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos. Os servizos sanitarios confirmaron o traslado da muller ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela.


"Segundo indicou a Garda Civil ao 112 Galicia, varios mozos atopábanse na casa de celebración", apunta o 112.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page