Unha moza, alcanzada por un vehículo en Lalín
- IsmaelRS
- 1 jul 2022
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Lalín

O 112 Galicia recibiu información sobre unha moza alcanzada por un vehículo en Lalín.
Sucedeu na Avenida de Montserrat ás 22:30 horas de onte, tal e como indicou un familiar que chamou ao número único de emerxencias para solicitar axuda urxente. De feito, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladaron a ferida nunha ambulancia ao Hospital Clínico de Santiago.
Neste caso, a moza implicada no accidente padeceu perdas de consciencia.
Comments