top of page

Unha lalinense pide axuda para localizar a súa maleta roubada na estación de autobuses da Coruña

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ela estuda Deseño de Moda, Patronaxe e Confección e na mesma levaba uns deseños que debería entregar nos vindeiros días na súa escola en Oviedo

Laura Moure/Lalín

A lalinense Xeila González pide axuda cidadá para dar co paradoiro da súa maleta, roubada este sábado, 24, entre ás 13:00 e 13:20 horas na estación de autobuses da A Coruña. Ela está estudando en Oviedo (Asturias) e viaxou esta fin de semana á súa casa en Deza. Cando chegou á estación da cidade herculina percatouse de que a súa maleta non estaba.


O máis curioso é que minutos antes de baixarse do vehículo viu na mesma estación a un mozo que portaba unha maleta moi parecida a súa.

Xeila González confeccionando unhas desas pezas roubadas.


Ela estuda Deseño de Moda, Patronaxe e Confección na Escola Privada de Oviedo chamada Epyco. González pide a colaboración para localizala, non só polas súas pertenzas persoais, senón que ademais, hai uns días foi o seu aniversario e tiña alí todos os seus agasallos, pero sobre todo, porque portaba nela pezas de costura únicas, confeccionadas por ela mesma e que tiñan que rematar para presentar nuns días na súa escola.


A maleta é grande, de cor negra, tiña un cancelo, e tiña escrito na mesma o nome, apelidos e o seu número de teléfono. Na maleta portaba as seguintes prendas que se aprezan na imaxe.

As prendas e a maleta roubadas.


A vítima xa denunciou os feitos e relata que non recibiu un bo trato por parte da compañía de autobuses e tampouco do condutor que en ningún momento se responsabilizaron dos feitos. González xa presentou unha denuncia ante as autoridades pertinentes e demanda maiores controis nos autobuses.


Se alguén sabe algo da maleta e da roupa roubadas que se poña en contacto coas autoridades ou coa vítima a través do correo electrónico xeilogf@gmail.com Ela tamén pide que a cidadanía esté alerta das prendas que se venden a través de distintas aplicacións en internet, como Vinted, Wallapop ou Milanuncios por se deciden vendelas alí.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page