Falece un condutor que se saíu da vía tras sufrir unha indisposición en Silleda
- ecosdacomarca
- 10 sept 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

Este domingo tivo lugar un accidente de tráfico no municipio de Silleda no que se viu implicado un único vehículo e que se saldou cunha persoa falecida. O 112 Galicia foi alertado por Urxencias Sanitarias ás 11:15 horas.
Publicidade
Ocorreu na parroquia silledense de Dornelas e os servizos de emerxencias indicaban que o falecido sufriu unha indisposición previa ao accidente, tal e como informa o 112 .
Eran as 11:15 horas cando o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 púxose en contacto co 112 Galicia para informar do ocorrido: un coche sufrira unha saída de vía no desvío a Dornelas da estrada xeral de Silleda.
Publicidade
A Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Silleda desprazáronse rapidamente ao lugar, así coma o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que foi mobilizado polos servizos sanitarios. Malia os esforzos por reanimar ao home, o persoal médico acababa confirmando o seu falecemento
Comments