top of page

Unha incidencia na rede nacional de comunicacións afecta a servizos 1-1-2 de toda España

Ecos da Comarca/Xeral

Unha incidencia na rede nacional de comunicacións afecta a servizos 1-1-2 de toda España.  "No #112Galicia seguimos traballando: podes contactar con nós a través do número 1-1-2 en caso de emerxencia", sinala o 112 Galicia.

Pola súa banda, a Xunta informa de que no  112 Galicia e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 continúase prestando servizo con normalidade, aínda que nalgúns casos foi necesario realizar chamadas de volta a persoas que presentaban dificultades para comunicarse debido aos problemas derivados de causas alleas ao servizo e provocados por unha actualización de Telefónica na súa rede de fibra intelixente (NGN).


A partir das 4:00 horas iniciouse esta actualización, o que causou problemas nas chamadas desde móbiles desta compañía aos centros 112 e de atención sanitaria de toda España que operan con dita rede. O 112 Galicia atópase en contacto permanente con Telefónica, que informa sobre a evolución desta incidencia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Neste momento, como medida de continxencia, o 112 Galicia ten enrutadas as chamadas entrantes a través doutro operador podendo dar servizo a usuarios con practicamente normalidade.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page