"Ganadería Guerra Gavieiro, S.C alzouse cunha Prata e José Manuel Barreiro Vázquez, quedou finalista o que demostra que os gandeiros/as de Toques están comprometidos co seu traballo e coa calidade dos produtos que producen", sinala o alcalde do municipio
Laura Moure/Xeral
O pasado venres entregáronse en Santiago de Compostela os VII Premios Exceleite nos cales saíron premiadas varias ganderías das comarcas como de Toques, O Pino e Arzúa. A finalidade destes galardons é recoñecer o proceso productivo das explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia. Trátase de poñer en valor os ganadeiros máis comprometidos co seu traballo e, polo tanto, coa calidade do leite que producen, sinala a Xunta.
A estes premios optaron todas as explotacións leiteiras de gando vacún da comunidade galega que realizan os seus autocontroles de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análisis do Leite (Ligal). En total foron 20 premios divididos nas categorías extensiva, semiextensiva, intensiva e ecolóxica.
Publicidade
Cabe puntualizar que os galardoados pasaron por controles feitos por profesionais do Ligal, veterinarios e técnicos da Consellería. "Cabe destacar que o Concello de Toques leva anos tendo explotacións nas finais destes premios que xa van pola 7ª edición, concretamente este ano foron dúas as explotacións do noso municipio as que participaron nas finais desta edición debido a gran calidade do leite que producen, as cales foron: Ganadería Guerra Gavieiro, S.C, que se alzou coa Prata na categoría de gandeiría semiextensiva pequeno tamaño, e José Manuel Barreiro Vázquez, que quedou finalista na categoría de gandeiría semiextensiva pequeno tamaño. Isto demostra que os gandeiros/as de Toques están comprometidos co seu traballo e coa calidade dos produtos que producen", sinala o alcalde do municipio, José Ángel Penas.
Publicidade
Premios Exceleite 2023
Ganadería extensiva:
Pequeno tamaño:
Exceleite de ouro: Rubén Domínguez Estraviz, Aranga.
Exceleite de prata: Granjas Costeiro S.L., Paradela
Mediano tamaño:
Exceleite de ouro: Tallón Lobato, S.C., Vedra.
Exceleite de prata: Beatriz López Fernández, Cospeito.
Gran tamaño:
Exceleite de ouro: Gandaría Sinesi, S.C., Vedra.
Exceleite de prata: Casa Menor 1614, S.L., Samos.
Ganadería semiextensiva:
Pequeno tamaño:
Exceleite de ouro: Ganadería Leumas, S.C., A Pastoriza.
Exceleite de prata: Gandaría Guerra-Gavieiro, S.C., Toques.
Mediano tamaño:
Exceleite de ouro: María Rosa Bardanca Fraga, Val do Dubra.
Exceleite de prata: Casa e Rita, S.C., Vilalba.
Gran tamaño:
Exceleite de ouro: Gandaría Casa Landeira de Oa, S.C., Trazo.
Exceleite de prata: Gandaría Celoiras, S.L., Samos
Publicidade
Ganadería intensiva
Pequeno tamaño:
Exceleite de ouro: Concepción García Pereira, Frades.
Exceleite de prata: Marina Amado Aguiar, Vilalba.
Mediano tamaño:
Exceleite de ouro: María del Carmen Barrán Santiso, O Pino.
Exceleite de prata: Gandaría Revolta, S.C., Aranga.
Gran tamaño:
Exceleite de ouro: Casa Martiño, S.C., Sarria.
Exceleite de prata: Antonio Sufuentes Castro, Guntín.
Ganadería ecológica
Exceleite de ouro: Casa Codesal, S.L., Friol.
Exceleite de prata: Granxa Ecolóxica Figueroa, S.C., Arzúa.
Comments