O suceso ocorreu na madrugada deste domingo e foi o propio condutor, que saíu ileso, o que alertou ao 112 Galicia
Ecos da Comarca/O Pino
Unha furgoneta sufríu unha saída de vía na N-547, aproximadamente no punto quilométrico 83,5, ao seu paso polo Pedrouzo (O Pino), tal e como informa o 112 Galicia. O suceso ocorreu sobre ás 5:00 horas deste domingo.
Por razóns que se descoñece o vehículo saíu da vía e acabou impactando contra outros que estaban estacionados. Tal e como indica o 112 Galicia, o condutor saíu ileso e foi el mesmo o que contactou cos servizos de emerxencias.
Dende o 112 Galicia mobilizaron para poder reestablecer a seguridade na zona á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento de estradas.
Accidente de hoxe en O Pedrouzo - Arca. Fotos: Sheila S.S / Ismael M.P.
Comments