Unha furgoneta incéndiase tras impactar contra unhas árbores en Artoño
- ecosdacomarca

- 18 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Esta tarde rexistrouse un accidente no municipio de Agolada. O suceso ocorreu na PO-840 á altura da parroquia de Artoño pasados uns minutos das oito.

A furgoneta de reparto de pan saíuse da vía e acabou impactando contra unhas árbores, como puidemos comprobar dende este medio tras achegarnos ao lugar. Como consecuencia o vehículo comezou a arder.
Ata o lugar desprazáronse a motobomba do Concello de Agolada, Protección Civil da localidade, os Bombeiros de Deza, unha ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico.
Tal e como informaron os bombeiros no propio lugar, o condutor e único ocupante saíu ileso, pero foi trasladado en ambulancia para facer as probas pertinentes.







Comentarios