top of page

Unha ferida leve nunha colisión entre dous vehículos en Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

Esta tarde produciuse un accidente no municipio de Agolada. En concreto, tivo lugar na estrada que enlaza a parroquia de Esperante co lugar de Bidueiros (Ferreiroa), preto do tanatorio municipal.

Foto arquivo. Autor: Ecos da Comarca.

O suceso ocorreu sobre ás oito da tarde e víronse implicados dous vehículos, tal e como informa o xefe de Protección Civil de Agolada, José Antonio Vázquez. Como consecuencia, unha muller resultou ferida leve e foi trasladada, tal e como indica Vázquez, nunha ambulancia do 061 ata o Punto de Atención Continuada (PAC) de Lalín.

Ademais de Protección Civil de Agolada e de Urxencias Sanitarias, ata o lugar tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico.

0 comentarios

ความคิดเห็น


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page