top of page

Unha exposición do colectivo Fotografía Sentempo pode verse no Kodex na Praza das Coles de Melide

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Esta mostra poderá visitarse ata este sábado, 25 de xuño


Ecos da Comarca/Melide

O colectivo de Fotografía Sentempo expón unha selección das súas obras baixo o suxestivo tema "Cando ninguén me ve", que dá título á mostra. Pode visitarse no Kodex na Praza das Coles de Melide, dende o pasado día 10 ata este sábado, 25 de xuño.

A amizade dos integrantes de Sentempo consolidouse ao abeiro do profesor Jose Veses, quen impartiu ao longo deste curso un obradoiro de fotografía no marco das actividades das Escolas Culturais organizadas polo Concello de Melide. A paixón polas imaxes e a ilusión dos seus participantes impúlsaos a compartiren os resultados con todas aquelas persoas que gocen con esta arte, invitando a un diálogo as amigas e amigos que visiten a exposición.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page