top of page

Unha exposición do artista agoladés Ángel Ayude pode visitarse ata o día 17 no Museo Terra de Melide

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Melide/Agolada

A exposición de Ayude no museo. Fonte: Museo da Terra de Melide.

O artista de Berredo (Agolada) Ángel Ayude expón parte das súas obras no Museo Terra de Melide. As súas obras pictóricas ao óleo xa locen na Sala 0 do museo e poderán verse ata o 17 de setembro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"Trátase dunha escolma escollida polo propio autor na que fai un repaso, en orde cronolóxica, de varias das súas creacións con esta técnica pictórica. Compre destacar que este autor é un excelente debuxante con carboncillo, pastel e incluso bolígrafo", sinala o museo. "Nesta exposición podemos ver tanto creacións fantásticas que nos transportan a un mundo imaxinado polo propio artista, así como retratos hiperrealistas. En todos eles podemos apreciar a técnica e o enorme traballo e talento deste artista do debuxo", engade o museo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Entre as súas obras que se poden ver nesta mostra destacan os retratos que Ayude lles fixo aos seus avós maternos, de Berredo, e a súa avoa paterna, de Melide. O pintor confesounos a ECOS DA COMARCA que tiñas moitas ganas de poder expoñer neste lugar.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page