Unha excursión a Monterrei clausura o programa 'Coñece o teu país 2024' do Concello de Arzúa
- ecosdacomarca
- 20 sept 2024
- 1 Min. de lectura
É gratuíta e o prazo de inscrición comeza hoxe, venres
Ecos da Comarca/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o vindeiro sábado día 28 de setembro a cuarta e última excursión do programa Coñece o teu país para este ano.
Así, de maneira totalmente gratuíta, o Concello ofertou un total de catrocentas corenta prazas e organizou saídas aos municipios de Ares, Mugardos, O Saviñao e Pontevedra rexistrando en todas elas un grande éxito.

Como de costume, no mes de setembro, a provincia ourensá é o destino dun cento de arzuáns e arzuás que este ano coñecerán máis de preto os municipios de Monterrei e Verín. En concreto visitaranse o castelo de Monterrei, o manantial de Cabreiroá e haberá tempo para xantar na vila de Verín.
Publicidade
As inscricións comezarán hoxe, venres día 20 de setembro, e segundo indicacións do Departamento de Cultura, cada persoa interesada poderá anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante.
Publicidade
As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición. Todas aquelas persoas que desexen apuntarse poden facelo de maneira totalmente gratuíta no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa entre as 8:30 e as 14:30 horas.
Comments