top of page

Unha empresa de fabricación de pellets e reciclaxe interésase por Palas para asentar o seu negocio

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O alcalde de Palas, Pablo Taboada, mantivo unha reunión con responsables dunha empresa de fabricación de pellets e reciclaxe a fin de estudar a súa implantación en Palas de Rei. Polo momento, o rexedor palense non quixo adiantar máis detalles ata a vindeira reunión que manterá con responsables da empresa donde poidan concretar o asentamento definitivo.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

 Nestes momentos, barállanse diferentes opcións, tanto en solos como en naves, así como, as autorizacións que se precisan en cada caso.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.


Pablo Taboada, calificou a iniciativa de "importante, tanto polo volumen de inversión como de xeración de emprego", tamén destacou o feito de que Palas de Rei sexa recoñecido como concello emprendedor pola Xunta o que "favorecerá o desembarco de novas inversións no municipio”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A espera da vindeira xuntanza, a mediados de decembro, cos promotores para poder pechar o asentamento da empresa en Palas, o rexedor palense amósase cauto dado que Palas de Rei é, polo momento, "unha opción" , subliñando que "non hai nada pechado ó cen por cen".


1 commentaire


xocas gonzalez
xocas gonzalez
09 déc. 2023

Será o estímulo que precisa a industria da Madeira a punto dun ere.O papel da Xunta moi pobre neste eido. aguardemos mellores tempos

J'aime
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page