Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Unha colisión múltiple en Silleda sáldase con dous feridos leves, entre eles un menor

No accidente, ocurrido na N-525 en Taboada, víronse implicados tres vehículos


Ecos da Comarca/Silleda

Un accidente múltiple ocorrido na parroquia de Taboada, en Silleda, saldouse con dúas persoas feridas, que tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios. O accidente produciuse na estrada N-525, en concreto, no punto quilométrico 300, ao redor do catro menos cuarto da tarde.


A esa hora, a Policía Local de Silleda chamou ao 112 Galicia para dar aviso do sinistro, no indicaban que había varios vehículos implicados. Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 e á Garda Civil de Tráfico. Enseguida, tamén foron informados os Bombeiros do Deza que, ao chegar ao momento, confirmaron que o persoal sanitario tivo que atender, no lugar, a dous feridos.


A maiores, tamén sinalaron que foron tres os vehículos implicados no choque e que, debido á súa situación na vía, chegaron a producir retencións na zona do sinistro. Finalmente, os servizos sanitarios confirmaron que foi preciso trasladar a dúas persoas ao centro hospitalario de referencia, entre estas a un menor. En relación á estrada, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do Centro de Xestión de Tráfico e solicitou a intervención dos servizos de mantemento para restablecer as condicións de seguridade da vía.

Unha ambulancia do 061.

Autor: Ecos da Comarca.




93 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE