Unha colisión entre dous vehículos en Palas de Rei sáldase con feridos
- ecosdacomarca

- 31 jul 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Este luns tivo lugar un accidente no municipio de Palas de Rei no que se viron implicados dous vehículos e se saldou con feridos. O 112 Galicia foi alertado ás 12:28 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia foi unha colisión entre dous vehículos. "Un deles envorcou. Sucedeu na estrada N-547 á altura do quilómetro 31 en Lestedo", indica o 112 Galicia. "As persoas que non avisaron comunicáronos de que había persoas feridas, pero que estaban liberadas".
O 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias, ao GES de Monterroso, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil e ao Servizo de Mantemento de Estradas







Comentarios