top of page

Unha colisión entre dous vehículos en Melide sáldase cunha persoa ferida

Ecos da Comarca/Melide

Esta tarde rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Melide que se saldou cunha persoa ferida.

Foto de arquivo. Autor: Ecos da Comarca.

Foi un particular o que alertou ao 112 Galicia pasados uns minutos das 19:00 horas. "Tratouse dunha colisión entre dous vehículos", informa o 112 Galicia. "Os coches obstruían a circulación e aínda que nun primeiro momento nos indicaron que non había feridos, despois unha persoa precisou asistencia médica, en principio por feridas de carácter leve", sinala o 112.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O sinistro tivo lugar na estrada N-547 á altura de Santa María. Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Mantemento de Estradas.

Yorumlar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page