top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Unha colisión entre dous vehículos en Melide sáldase con dúas persoas feridas

Ecos da Comarca/Melide

Este venres rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Melide, no cal se viron implicados dous vehículos. Tratouse dunha colisión entre un coche e unha furgoneta no lugar de Ribeiro de Abaixo, na parroquia dos Ánxeles.

O 112 Galicia foi alertado ás sete da tarde. Ata o lugar desprazáronse a Policía Local de Melide, Protección Civil da localidade, dúas patrullas da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia.


Publicidade

No coche viaxaban dúas persoas e a condutora foi trasladada en ambulancia ao hospital porque se queixaba de dor no peito e nun pé. Mentres na furgoneta, que ían varias persoas, a unha delas, un mozo de 17 anos, tiveron que collocarlle in situ un collarín e despois foi trasladado ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Melide.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page