top of page

Unha colisión entre dous vehículos en Ames sáldase con dúas persoas falecidas e dúas feridas de gravidade


Ecos da Comarca/Xeral

Unha colisión entre dous vehículos en Ames sáldase con dúas persoas falecidas e dúas feridas de gravidade, tal e como informa o 112 Galicia. Os falecidos son un home duns 40 anos e a súa filla de 17 anos.

O condutor e o acompañante dun dos vehículos implicados neste accidente perderon a vida debido á colisión, no outro turismo, dous ocupantes tiveron que ser excarcerados polos servizos de emerxencia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Daban ás 17:45 horas cando os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia foron informados dun accidente grave na AC-543, ao seu paso pola parroquia de Ortoño, en Ames (A Coruña).


Segundo puido saber o 112 Galicia, debido á colisión podería haber persoas atrapadas e que precisasen asistencia sanitaria urxente.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

De inmediato, os xestores pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro e de Santiago, aos membros do GES de Brión, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Ames.


Nada máis chegar ao punto, o persoal sanitario confirma ao 112 Galicia que os dous ocupantes dun dos vehículos implicados perderan a vida debido á colisión. A maiores, foi necesaria a intervención dos Bombeiros para realizar labores de excarceración e liberar a dúas persoas do interior do outro vehículo implicado, ambos feridos de consideración.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nestes momentos, os Bombeiros encárganse das tarefas para liberar do interior do vehículo a unha das vítimas mortais.

 
 
 

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page