Ademais, viuse afectado outro coche que esta estacionado
Ecos da Comarca/Agolada
O casco urbano de Agolada rexistrou este domingo un accidente entre dous vehículos. A colisión tivo lugar sobre ás tres da tarde e saldouse só con daños materiais.
Tal e como informa un testemuña, un dos vehículos, no que ían dúas persoas, circulaba pola Avenida Joaquín Loriga (estrada Agolada-Melide) e o outro coche implicado saía do cruce da Avenida da Circunvalación e acabaron colisionando. Ademais, quedou afectado un terceiro coche que estaba estacionado no lugar. Foi un particular o que chamou ao 112 Galicia. Este avisou a Protección Civil da localidade.
Comments