Unha colisión entre dous turismos en Lalín sáldase con feridos
- ecosdacomarca
- 16 may 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

Autor: Emerxencias Lalín
Este martes produciuse un accidente entre dous vehículos en Lalín. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 15:36 horas.
Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha colisión entre dous coches na N-525 á altura de Filgueira.
"Indicáronnos que había feridos", sinala o 112 Galicia. Mobilizouse a Urxencias Sanitarias, a EmerxenciasLalín, á Garda Civil de Tráfico, ós Bombeiros de Deza, á Policía Local e ao Servizo de Mantemento de Estradas.
O tráfico foi desviado polo polígono.

C
Comments