top of page

Unha colisión entre dous coches en Boqueixón saldouse cunha persoa ferida

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Unha colisión entre dous coches en Boqueixón saldouse cunha persoa ferida. Os bombeiros axudaron a retirala do seu vehículo mediante unha padiola de rescate, pero non tiveron que excarcerar.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Pola súa banda, o 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través da chamada dun particular que presenciou os feitos. Durante a súa comunicación, apuntou que os coches obstaculizaban a circulación e que a persoa ferida podería precisar axuda para saír ao exterior.


Así o confirmaron os profesionais sanitarios cando chegaron ao lugar, polo que solicitaron a axuda dos bombeiros. Coa súa chegada, os efectivos do parque comarcal de Ordes empregaron un taboleiro de rescate para retirar a persoa do coche, que finalmente foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos bombeiros, tamén interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os operarios do servizo de mantemento da estrada. 




 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page