top of page

Unha colisión en cadea obriga a cortar un tramo da A-54 en Santiago

11 sept
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

Axega informa dunha colisión en cadea na A-54, nun tramo pertencente a Santiago de Compostela. O 112 Galicia foi alertado ás 8:33 horas deste venres.

Captura vídeo da DXT escasos minutos das 9:00 horas.
Captura vídeo da DXT escasos minutos das 9:00 horas.

Nove vehículos (sete coches, unha furgoneta e un camión) resultaron danados e a circulación estivo interrompida nos carrís en sentido Lugo, tal e como informa o 112 Galicia. Ás 8:30 horas desta mañá, o 112 Galicia atendeu distintos avisos sobre un accidente na A-54, en Santiago, ao paso pola parroquia de Sabugueira, no punto quilométrico 85. Houbo retencións de ata 4 quilómetros, tal e como indica a Garda Civil.


Todas as comunicacións apuntaban a unha colisión en cadea con varios vehículos implicados sen que ningún dos alertadores puidese, naquel momento, concretar o número. Tampouco podían precisar se había feridos, pero, por precuación, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención dos recursos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Aínda que nun primeiro momento se falou de cinco persoas que tiveran que ser evacuadas ao Hospital da Rosaleda, finalmente, o 112, indicou quef foran tres, e nove vehículos sufriron danos a causa desta colisión en cadea cuxa orixe un dos alertadores situou nos efectos do sol na conducción.


Ademais dos sanitarios, o 112 Galicia avisou aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. 

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Inicialmente, comunicouse o suceso aos Bombeiros de Santiago, pero ninguén necesitou ser rescatado.   

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page