Unha charla achegará a actualidade da música feita en Galicia á mocidade arzuá
- Laura Moure
- 10 may 2022
- 1 Min. de lectura
O xornalista e crítico musical Carlos Crespo conducirá unha sesión musical comentada co protagonismo dos artistas e grupos galegos
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este xoves, 12 de maio, unha sesión musical comentada sobre a actualidade da música en galego coa finalidade de que os participantes na actividade descubran a potencialidade, a calidade e a variedade de música que se fai na nosa lingua hoxe en día.

A sesión será conducida por Carlos Crespo, xornalista cunha experiencia de máis de vinte anos na difusión da cultura desde La Voz de Galicia e Radio Nacional de España, e que exercerá de Dj en directo facendo soar todos os xéneros: pop, rock, folk, canción de autor, hip hop, tradicional, electrónica, blues, etc.
Esta iniciativa terá lugar o xoves ás 11:00 horas no Multiusos Terra do Queixo e nela participarán máis de cen alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO tanto do IES de Arzúa como do Colexio Nosa Señora do Rosario. A asistencia a esta actividade está aberta tamén ao público xeral.
A Concelleira de Cultura e Educación do Concello de Arzúa, Aurora Varela, destaca a importancia dunha proposta “pensada para promover a nosa lingua e a música feita no noso país entre a mocidade”.
Opmerkingen