Unha caída dunha moto no centro urbano de Arzúa remata cunha persoa ferida
- IsmaelRS

- 12 ago 2022
- 1 min de lectura
IsmaelRS/Arzúa

Na noite de onte, sobre as 22.00 horas, produciuse a caída fortuíta dunha moto no núcleo urbano de Arzúa, máis concretamente na rúa Ramón Franco, que corresponde á AC-234 e o punto quilométrico 0,30. Nela só se viu implicada unha motocicleta. Nela viaxaba unha soa persoa, que precisou asistencia sanitaria, segundo informaron fontes oficiais. A voz de alarma deuna un particular que se atopaba na zona e que viu todo o acontecido, e que foi o encargado de avisar ao 112 Galicia.
Con estes datos, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Servizos Sanitarios, dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e do Servizo de Mantemento de Estradas.







Comentarios