top of page

Unha bomba de paleque estoupa contra un edificio en Arzúa provocando danos nunha notaría

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Arzúa

Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa participaron esta madrugada, arredor das 0:45 horas, nunha intervención polo estoupido dunha bomba de palenque contra un edificio situado na Praza de Galicia, no concello de Arzúa, tal e como informa Prensa do Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.

A notaría afectada. Autor: Bombeiros Arzúa.

Ao chegar ao lugar os bombeiros provinciais comprobaron que o incidente producirase ao lanzar unha bomba de palenque desde a rúa que impactou contra o segundo andar do edificio onde se atopa o Bar Plaza, provocando a caída de cascallos e cristais á rúa.

A vivenda, unha notaría, estaba desocupada neses momentos polo que non houbo que lamentar danos persoais e só se produciron danos materiais. Unha vez dentro do inmoble os bombeiros comprobaron que a caixa da ventá está desprazada e fóra do sitio, ademais de danos varios provocados pola onda expansiva, sen chegar a producirse incendio.


Procedeuse á retirada de marcos e caixa de persiana, baixando esta e amarrándoa para cubrir o oco roto polo artefacto explosivo, quedando sinalizado con cinta de balizar. Tamén se limparon os cristais da rúa e da notaría.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Completaron o operativo Protección Civil de Arzúa e a Garda Civil.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page